Hai uns días enterámonos de que a Figueira da Casa-Museo Rosalía de Castro é unha das árbores candidatas e ser elixida como árbore do ano a nivel nacional. A votación, que pode facerse ata o 20 de novembro na páxina https://arboleuropeo.es/votaciones-arbol-del-ano-en-espana-2020/, elixirá a árbore que representará a España no Concurso Europeo Árbore do Ano 2020.
Investigando un pouco máis na historia desta figueira, soubemos que o maior interese é a súa vinculación coa poetisa Rosalía de Castro, pois seguramente foi ela quen a plantou e da que fala no seu poema Adios ríos, adios fontes.
Desde o cole quixemos facernos eco desta noticia e ir un pouco máis aló, poñendo en marcha un libro viaxeiro onde cada un de nós compartamos cal é esa árbore á que lle temos un agarimo especial por algún motivo: está na casa dos avós, dános sombra no verán, aniñan paxariños cada ano, dá mazás coas que facemos compota na casa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario