Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 4 de novembro de 2019

LAIKA


Manuel trouxo da súa casa o Atlas del Espacio para compartir con nós. Estivemos botándolle unha ollada e houbo un debuxo que nos chamou a atención: que fai un can no espacio?


Investigamos un pouco e descubrimos que hai moitos anos, o 3 de novembro de 1957, a cadeliña rusa Laika foi lanzada nun foguete espacial ao espacio. Coñecimos un pouco máis a súa historia e a canción que lle escribiron nestes vídeos e estivemos todos de acordo en que non nos gustou o que lle fixeron a Laika. Os animais hai que coidalos e respectalos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario