Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 5 de novembro de 2019

ESTRELA ROSALÍA




Desde o cole queremos sumarnos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro e a Agrupación Astronómica Ío para que a estrela HD 149143 leve o nome da nosa poeta máis universal e o seu exoplaneta HD 149143 o do Río Sar.
Ata o 12 de novembro, na páxina http://nombraexoplanetas.es/, podedes votar se queredes participar desde a casa. Nas redes sociais a campaña estase difundindo co cancelo #EstrelaRosalía
A poesía de Rosalía de Castro está chea de referentes á natureza e aos obxectos celestes. O sol, a lúa, as estrelas, a noite, o día, a aurora... aparecen entre os seus versos unha e outra vez. Necesitamos da vosa colaboración para facernos chegar eses versos que máis vos gustan e nos que aparezan palabras relacionadas co Universo. Con todos eses versos faremos un mural na biblioteca para crear o Universo Rosalía. Axudádesnos? Se queredes participar, mandádenos os que escollestes ao noso correo electrónico: auladeribadumiab@gmail.com.





Ningún comentario:

Publicar un comentario