Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 14 de novembro de 2018

UNHA DUCIA, MEDIA DUCIA

Xa hai tempo que sabemos que unha ducia de ovos son 12 ovos. E sabedes por que? Pois porque na clase cando facemos as rutinas, pasamos lista e se estamos todos, somos 12. A profe dinos: 12, como unha ducia de ovos. Un día comentamos que se tivesemos unha caixa de ovos xigante poderiamos meternos todos coma unha ducia de ovos. O luns Alba trouxo dúas caixas de media ducia de ovos cada unha e axiña montamos unha chea de xogos con elas. Unha ducia, media ducia... Canto aprendemos!


E cando a profe Belén nos trouxo unha caixa dunha ducia de ovos puidemos comprobar que media ducia e outra media ducia son unha ducia e que na clase somos media ducia de nenas e media ducia de nenos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario