Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 6 de novembro de 2018

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA



Un curso máis a ciencia en galego aparece na nosa biblioteca no mes de novembro. Tomamos como punto de partida o cartel ilustrado por Nuria Díaz para o Día das Bibliotecas, que hoxe estivemos observando e comentando. Acendimos a lanterna como a rapaza que aparece sentada enriba dunha torre de libros e foron aparecendo unha chea de cousas que buscamos na nosa biblioteca: música, que atopamos no número 78; libros, onde queira que miremos; ordenadores para escribir, para xogar, para "poñerlle aplicacións", para rexistrar o conto que levamos en empréstito e o que devolvemos; un planeta, que o atopamos no número 52 e pensamos que pode ser Saturno polo anel que ten ao redor; un peixe, que o atopamos no número 59 cos animais; unha planta nunha maceta, que a atopamos no número 58; unha "cousa para gravar películas e dicir acción", xogos de construcción, que podemos atopar no recuncho de xogos da biblioteca; e "pócimas" que empregan os científicos e as científicas para investigar e curar enfermidades.
E foi falando de científicas e científicos cando nos demos conta de que xa estamos no mes de novembro e que a ciencia vai volver xa á nosa biblioteca. Preparádevos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario