Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 13 de novembro de 2018

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

O pasado domingo foi 11 de novembro e nós quixemos celebrar o día de San Martiño como manda a tradición: sacando os trompos ao camiño. Os trompos son xoguetes aparentemente moi sinxelos pero a pouco que os observemos e nos poñamos a pensar, descubrimos que detrás hai moita ciencia. No seguinte enlace podemos atopar a explicación. Hoxe na biblioteca probamos unha chea de trompos, buxainas ou peóns moi diferentes: grandes, pequenos, de plástico, de madeira, con buratos, de cores, con letras, que dan a volta, magnéticos, de corda, de man... E puxémonos a observar, facer preguntas e formular hipóteses:
Que trompos coñecedes?
- Eu os de xirar coa man
- O de estirar pola corda
- Os de darlle voltas
- Os dos cabalos
- Os de darlle a volta
- Os de coloríns
- Un morado por abaixo e por riba vermello
- Un trompo toliño
- Dá voltas e voltas e cae
- O meu xira rápido e non cae. Páralo co pé.

Como fas para tiralo?
- Así (mostra como pon os dedos), concéntrome e doulle voltas.
- Cunha corda
- Coa man dando voltas

Que necesita un trompo para rodar?
- Unha punta, estar en equilibrio...
- Un adulto

Observamos os trompos parados e vemos cores, liñas, letras, debuxos... Pero, que vemos cando están en movemento?
- Vense manchas de coloríns
- Vense os negros das letras
- Parece un remuíño!
- Parece que está hipnotizado. Vense raias como cando estás hipnotizado e os ollos danche voltas
- Parece un carriño de xeados.

Que pasa se lle tocamos?
- Que se cae, que se cae...
- Vai caer, estase matando... Oh, oh...
- Cae porque está bailando moi rápido e se lle tocamos para porque a estamos collendo.
- Segue pero vai caendo



















Ningún comentario:

Publicar un comentario