Cando aló polo comezo de curso fomos ao circo a Vilagarcía, unha das actuacións estrela era o Home Bala. Hoxe recuperamos grazas á profe Ángeles un exemplar da Voz de Galicia daquelas datas onde aparece unha entrevista con Rubén, o home bala do circo de Portugal. Enterámonos de que é unha profesión algo perigosa na que calquera fallo pode producir un accidente por iso é necesario empregar casco, luvas, botas e un traxe especial, ademais da rede e outros sistemas de seguridade. Chamounos a atención na foto o fillo do home bala, que se chama Leo, coma o noso compañeiro, e que de maior quere ser home bala coma seu pai.
E para rematar o día, despois do patio limos o conto El hombre bala, da Editorial Libre Albedrío. Dicir que nos gustou é pouco: encantounos. Conta a historia de Roque, un home bala que quere conseguir facer unha dobre pirueta mortal e caída sobre un só pé. Polo de agora nunca foi quen de conseguilo pero ten o presentimento de que na función do vindeiro domingo, conseguirao. Ao longo da semana vemos como Roque se prepara con moito entusiasmo para a función, sempre cun sorriso, disfrutando dos preparativos: descanso, comida, entrenamento... Que pasará? Sairalle a pirueta?
Ao rematar a lectura xogamos a ser homes e mulleres bala. Metiamonos no canón, disparabamos e caiamos nun só pé tentando manter o equilibrio. Que difícil!
O home bala entrenaba dando voltas ao redor da carpa do circo. Tan rápido as daba que as franxas azuis e amarelas el víaas verdes. Alba comentou que ela cando vai ao parque corre tanto que a súa nai di que ve mil Albas. E que o home bala vía verde porque se mesturas as cores amarela e azul, sae verde. Quixemos comprobalo e...
Ningún comentario:
Publicar un comentario