Cando chega a noitiña, os trasnos veñen mirar se estamos durmidos e entran na cociña a buscar unha lambetada ou un doce para comer. Se non queredes levar sorpresas pola mañá e atopar a caixa de galletas baleira, podedes deixar unha cunca ou un prato con sementes ou legumes enriba da mesa. Como os trasnos son moi curiosos van ir mirar o que hai e vanse poñer a contalos. A cousa é que só saben contar ata 10 e inda por riba, teñen un burato na súa man esquerda e cada vez que contan unha cousa, cáelles polo burato e así non acaban nunca e chega o día, marchando axiña sen comer as galletas.
Todos a durmir, que é de noite... |
A trasniña Alba entra na cociña da casa e atopa unhas fabas. Conta ata dez, dálle o día e ten que marchar! |
O trasno Víctor contando macarróns |
O trasniño Joel contando lentellas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario