Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 23 de outubro de 2017

SERES MITOLÓXICOS GALEGOS: A XACIA

A xacia Luviñas de Anxo Moure chora cando os ríos están contaminados polo lixo, cando hai guerras e cando arden os montes e as árbores. A semana pasada a xacia Luviñas chorou moito cando arderon os nosos montes. Nós vimos as imaxes na televisión, escoitamos os comentarios nas nosas casas e no cole vimos as fotos que saían na prensa. Falamos das caras de tristura da xente que aparecía nas fotos, caras de preocupación e mesmo de enfado. Falamos das cadeas humanas de xente para loitar contra o lume que se achegaba ás súas casas, dos bombeiros, da policía... E comprometímonos a ser cortalumes, a ser responsables e coidar o monte para contribuír a que isto non suceda nunca máis e a xacia Luviñas volte a estar contenta.




Ningún comentario:

Publicar un comentario