Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 31 de outubro de 2017

FESTA SAMAÍN E MAGOSTO 2017

Un ano máis celebramos a festa do Samaín e o magosto en Leiro. Fixemos actividades a primeira parte da mañán (contacontos, visionado de pelis do Samaín, obradoiro de cestiñas de castañas e xogos) mentres as familias voluntarias asaban as castañas. Moitas grazas pola vosa colaboración! A media mañá merendamos convidados polos nenos e nenas de 5 anos e xogamos un pouco no patio mentres se preparaba o ilustrador Héitor Picallo para explicarnos como fai as ilustracións dos seus libros de Tilirín. A continuación veu a bruxa Hermelinda a facer unha apócema marabillosa e rematamos bailando a canción dos monstruos peludos. Día completo! Agardamos que o disfrutásedes todos moito!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario