Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 12 de abril de 2016

PLAN PROXECTA: MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Este curso participamos no Plan Proxecta: Mobilidade sostible e segura. No cole somos conscientes da importancia de traballar desde idades temperás todo o relacionado coa seguridade nos desprazamentos: casa-cole, cole-casa, ben facendo o camiño andando ou ben viaxando no coche (autobús) co sistema de retención infantil axeitado. Tamén é importante incidir na importancia de empregar o casco e os lugares apropiados nos desprazamentos en bicicleta e/ou patíns. Tanto como peón ou como viaxeiro no transporte privado ou público, os nenos e nenas de 3-6 anos deben ter adultos de referencia que fagan de modelos con conductas axeitadas.




Ao longo do curso fomos traballando con recursos da DGT: contos, xogos interactivos...sempre reflexionando sobre a propia práctica: vou na cadeira de seguridade e co cinturón ben posto no coche?, vou da man cando vou coa miña nai/pai/avós pola rúa? cruzo polo paso de peóns?...e facendo fincapé nas boas prácticas.

Deixámosvos varios enlaces onde podedes consultar información relacionada co tema, ler contos, xogar... Sexamos bos modelos para os nosos meniños!









Ningún comentario:

Publicar un comentario