Este ano 2016 o Día das letras galegas homenaxea o escritor Manuel María. Hoxe a profe Montse contounos O bigote de Mimí, escrito por este autor e que nos fala do que lle aconteceu ao gato Mimí cando perdeu os seus bigotes.
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_2/28/o-bigote-de-mimi-[dobre-pauta].pdf |
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_2/28/o-bigote-de-mimi-[dobre-pauta].pdf |
E lembrades a Luís Vallecillo, que veu á festa do Samaín cantar? Pois xunto coa Banda do Cuberto fixeron agora unha chea de cancións inspiradas no conto O bigote de Mimí. Aquí volas deixamos por se queredes escoitalas.
Mimí era un gatoooo, que cazaba ratoooos... eu tamén me lembro de vós. Espero que desfrutedes coas cancións coas que vos agasallamos para estas letras galegas. Unha aperta forte
ResponderEliminar