Cos Arroases estamos aprendendo a importancia de incorporar o peixe á nosa dieta. Moitos falamos de que si comemos peixe na casa e no comedor: sardiñas, atún, mexillóns... Así que cada un vai traer ao cole unha foto na que apareza comendo o seu prato favorito de peixe e con todas imos facer un libro.
Deixámosvos suxestións de receitas que fan as delicias dos Arroases, por se queredes probar a facelas na casa (picade na cociñeira para acceder a elas) E se algunha familia, ademais da foto quere mandarnos a receita do prato de peixe que alí aparece, estaremos encantados de compartila no blog con todos vós.
As receitas dos Arroases |
Ningún comentario:
Publicar un comentario