A profe Rosana e a nosa compañeira Nerea aproveitaron as vacacións de semana santa para coñecer de primeira man algún dos animais que Félix nos contou que vivían en Australia. Rosana trouxo plumas de emú e comprobamos que son moooooi suaves, ademais de ver que son dobres!! E nun pequeno vídeo vimos como comía e paseaba entre a xente.
Nerea trouxo un album cheo de fotografías que foi explicando e onde vimos canguros, golfiños, mouchos reais, aguias, suricatas, serpes...
Moitas grazas, mozas!! Gustáronnos moito!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario