Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 30 de abril de 2015

FESTA DOS MAIOS 2015


Hoxe celebramos a festa dos maios en Leiro. Démoslle a benvida á primavera cantando, facendo colares de flores e vestindo ao maio. Un ano máis darlles as grazas ás profes Ana e Ángeles, que tanto traballo pasan poñendo o noso maio así de precioso. E moitas grazas tamén a Sofía, a mamá de Uriel, que fixo posible, xunto co demais músicos, que a nosa festa se enchera de muiñeiras, jotas, pasosobres... da man do tambor, a gaita, o bombo e as pandeiretas. Moitas grazas a todos por colaborar coa escola na educación dos vosos meniños e meniñas. Que pasedes unha feliz fin de semana. Vémonos á volta, o martes 5 de maio!











Ningún comentario:

Publicar un comentario