A segunda semana de novembro celébrase a Semana da tradición oral. Hoxe coñecimos a colección de contos "dediños", da editorial Tambre. O seu autor é Antón Cortizas, escritor e poeta ao que imos ir coñecendo xunto coas súas obras ao longo do curso. Esta colección de contiños recolle varias fórmulas da tradición oral moi coñecidas e que algúns xa sabemos.
Tamén en breve imos poñer en marcha un libro viaxeiro no que pedimos colaboración ás familias para facer entre todas unha recompilación de fórmulas para botar a sortes. Podedes consultar a páxina Orella pendella se queredes ver algún exemplo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario