O 5 de maio celébrase en Xapón o Día dos nenos. A xoaniña Juanita visitounos e contounos algo máis sobre esta celebración. As familias colgan dos tellados das súas casas as KOINOBORIS: carpas voadoras que representan todos os seus membros, maiores e pequenos. Tamén nos dixo que ese día bañan aos nenos en auga de iris, una planta mediciñal, para que lles dea forza e enerxía todo o ano.
Juanita agasallounos cun koinobori no que sae ela e que axiña quixemos probar colgándoo dunha árbore do patio. Como voaba!! Nós tamén fixemos o noso propio koinobori para colgalo na casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario