Esta fin de semana comezou a súa andadura polas nosas casas o libro viaxeiro no que imos recompilar fórmulas para botar a sortes. Na primeira páxina vai a explicación do que hai que facer. Só temos que lela e despois de mirar o que xa fixeron os nenos que levaron o libro previamente ás súas casas, buscar a páxina que nos toca e escribir e ilustrar o noso xogo. Tamén podemos engadir unha pequena explicación do xogo. Lembrade que na rede podemos atopar suxerencias. Na páxina Orella pendella temos algunhas. Moitas grazas pola vosa valiosa colaboración!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario