Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 16 de maio de 2013

FESTA DOS MAIOS


Hoxe celebramos a FESTA DOS MAIOS na sede do CRA, en Leiro. Non puidemos subir ao Monte do Castro por mor da choiva pero como as ganas de festa non faltaron, pasámolo moi ben. Fixemos colares de flores para adornar o noso maio e cantámoslle coa axuda do grupo Alecrín, que un ano máis veu acompañarnos e traernos a súa música e as súas cancións. Moitas grazas polo agarimo co que nos tratades sempre!! Tamén queremos agradecer ás  familias a cantidade de flores que trouxéchedes para adornar o noso maio e ás profes Ángeles e Ana polo bonito que o deixaron. Que pasedes unha boa fin de semana e vémonos o luns.






Ningún comentario:

Publicar un comentario