Nós partímola pola metade e imos facer coa parte de abaixo unha maceta (coa de arriba xa vos contaremos, que aquí todo se aproveita!). Unha maceta personalizada: co noso nome e decorada ao noso gusto. E grazas á profe María que nos trouxo boa terra e uns bulbos de flores, plantamos cada un o que máis nos gustou. Agora están na ventá da nosa aula e cada día imos mirando como medran. A maioría xa agromaron!! Que flor será e de que cor, terémolo que descubrir máis adiante, cando saian. Xa nos tardan!
Ningún comentario:
Publicar un comentario