Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 28 de maio de 2013

A PERSISTENCIA DA MEMORIA



Para nós é o cadro dos reloxos fritidos de DALÍ. Ou dos reloxos brandos, como feitos de plastilina. Observamos que hai 4 reloxos. Un está do revés, non se lle ven as agullas nin os números. Por riba del hai formigas. Outro ten unha mosca pousada riba del. Outro está colgado dunha árbore e outro por riba dun...dun...dun...profe, iso que é?
 
Soubemos que é un cadro moi famoso, que está no MOMA de Nova York e que moitos artistas fixeron as súas propias obras baseándose nel.






Ningún comentario:

Publicar un comentario