Así lle pedimos á profe toda a mañá do venres despois de merendar. Non entendíamos que non chovera e que mesmo fixera sol e a profe non nos "deixara" saír fóra a xogar. Ao final abriu a porta e vimos o motivo polo que non podemos saír aínda que faga sol se durante a noite estivo a chover moito: os charcos que se forman por todo o patio son tan grandes que non dan secado. Así que se chove, non saímos e cando deixa de chover, tampouco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario