sábado, 23 de marzo de 2013
OVOS DE CHOCOLATE
Lembrades as caixiñas que fixemos para meter os ovos de Pascua? Pois por fin o venres as puidemos levar. A profe tiña unha cesta chea de oviños de chocolate e había que coller 4 e metelos na nosa caixa. Algún o de 4 non o entendeu moi ben porque enchía a caixa ata arriba (xa que collían...). Pero logo entendimos que para que chegaran para todos tiñamos que coller solamente 4 e fomos contando: 1, 2, 3 e 4! A profe cerrou as caixiñas cunha grampa para que non caeran os ovos e logo deixámolas ata a hora da saída no andel dos xoguetes porque polas ventás entraba moito sol e non queríamos levar nocilla!! Que os desfrutedes moito!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario