Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 14 de marzo de 2013

A VOLTAS COA PRENSA

Esta semana celébrase a SEMANA DA PRENSA e nós quixemos aproveitar que FÉLIX  anda por KENIA para buscar en LA VOZ DE GALICIA.es noticias que falasen deste país. Atopamos varias interesantes: unhas falaban de que hai pouco que elixiron un novo presidente en KENIA e vimos a foto dos masais en ringleira "para votar en paz" (como nos gusta esta palabra!). O nome do presidente que elixiron fíxonos rir: UHURU KENYATTA, por como soaba ao dicilo. E logo vimos que no seu apelido aparecía a palabra KENYA! Outra noticia da que falamos foi a que contaba que un autobús con turistas envorcou. Nós xa sabíamos por FÉLIX que en KENIA había autobuses moi vellos e por iso non nos asombrou (Aquí non pasa porque os autobuses nosos son novos, a que si?). E outra noticia que nos puxo tristes foi a de que uns cazadores furtivos mataron 11 elefantes para quitarlles os colmillos. Falamos de chamar á policía, de que eran moi malos, de que iso non se facía e de que 11 eran moitos porque para contalos non nos chegaban os dedos das dúas mans.
 
Os maiores andamos a voltas coas noticias buscando a data, a sección e unha palabra que apareza no titular e que nos chame a atención. Os pequenos buscamos onde poñía KENIA nos titulares e vimos que aparecía moitas veces, ata no nome do presidente!
 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario