Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 11 de febreiro de 2023

POR SAN BRAIS, A CEGOÑA VERÁS

 O refraneiro popular, cheo de sabiduría, sinala que por estas datas as cegoñas buscan un lugar para facer o seu niño. Na edición dixital do xornal La Voz de Galicia, vimos que a zona de Galicia que prefiren para aniñar é Ourense. Aproveitamos para ver varios vídeos nos que puidemos observar como as cegoñas preparan o niño, que é o crotoreo, como coidan da súa familia e o problema dos plásticos. 

Sabedes como se chama a rama da zooloxía que estuda as aves? ORNITOLOXÍA. E para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, coñecimos o labor que fan as científicas que se dedican a estudar e coidar as aves e ao mesmo tempo o medio ambiente.


Se queredes saber máis sobre as cegoñas, podedes consultar o libro que temos na biblioteca. Nós xa o fixemos!





venres, 10 de febreiro de 2023

TROGLODITAS. UN CONTO DE ENTROIDO

 


Extra! Extra! Acabamos de publicar o noso libro de Entroido! O título: TROGLODITAS. Ambientada na Prehistoria e protagonizada por personaxes que ao mellor vos soan, esta aventura fará as delicias dos amantes da empanada. Esperamos que vos guste tanto coma a nós!







































BUSCALETRAS

 Podemos buscar as letras do noso nome, as do compañeiro, facelo con o sen axuda e se despois nos apetece probar a ver cantos cubos somos quen de apilar sen que caian... probamos! 1, 2, 3, 4, 5...






mércores, 8 de febreiro de 2023

OS PITIÑOS DE SOFÍA

 


A pasada semana, pola Candeloria, comezaron a nacer pitiños casa de Sofía e quixo compartir este acontecemento con nós traendo á escola dous para que os coñecésemos. Na súa caixa, con chan de viruta, comida e auga, pasaron a mañá na nosa escola. Puidemos velos camiñar, escoitalos chiar e tocar as súas plumas suaves. Moitas grazas a Sofía e a súa familia por compartir este momento con nós!






















domingo, 5 de febreiro de 2023

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era recrear o casamento dos paxariños. Na semana que celebramos a Candeloria, os paxariños de Aroa foron os primeiros en chegar. Moitas grazas por participar!


Aroa e os seus paxariños


Sofía e a súa irmá Elisa cociñaron xuntas
os seus paxariños



Os agapornis da casa de Sofía 
están moi namorados.
A Candeloria está no aire!



Adán e os seus paxariños

Os paxariños de Adán