Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 16 de outubro de 2026

O MONSTRO COMEMEDOS

 


Hoxe estivemos falando de medos. A que lle temos medo? En principio ninguén lle tiña medo a nada pero alguén dixo: Eu á escuridade...e pouco a pouco foron aparecendo outros medos: aos lobos, ao raposo, a Alexa, a ir ao médico, ao dentista... Había varios animais na lista e o médico tamén aparecía nun dos primeiros lugares. 

Entón apareceu un amigo de Zapatocas: O monstro comemedos. Sabedes de que se alimenta este monstro? Dos nosos medos! Cada vez que come un medo, este vaise facendo máis e máis pequeniño ata desaparecer. Gustounos moito esa posibilidade e cadaquén debuxou o seu medo para darllo ao monstro. Pechamos a cremalleira, démoslle unhas freguiñas na barriga e o luns comprobaremos se xa non están os medos. E se non están, significa que nós somos agora un chisquiño máis valentes. Ao mellor o medo non desapareceu de todo pero alguén comentou que podíamos volver a debuxalo e que o comese outra vez. Que boa idea! O monstro encantado!




Ningún comentario:

Publicar un comentario