Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 24 de maio de 2024

ERREKA MARI Y EL PEINE DE ORO

 



O martes descubrimos un novo mural de Lidia Cao: Erreka Mari y el peine de oro, ubicado xunto ao río Urumea. A Mari é unha deusa da mitoloxía vasca, personificación da nai terra e raíña da natureza. Xeralmente preséntase con corpo e faciana de muller con abundante cabeleira loura, que peitea ao sol cun peite de ouro.

 Para nós é unha serea que cada vez que pasa o peite de ouro polos seus cabelos, aparece un peixiño.

Buscamos un vídeo para aprender a debuxar unha serea e saíron unha decena delas:













ç

Como non podía ser doutra maneira, o conto que viña co mural era: Sirenas. Encantounos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario