Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 10 de marzo de 2026

WANGARI MAATHAI

O Día Internacional da Muller coñecimos a Wangari Maathai, unha muller valente de Kenia que xunto con outras moitas mulleres conseguiron plantar máis de cincuenta millóns de árbores en África a través do seu Movemento Cinto Verde, loitando así contra a degradación ambiental. 

Nós tamén quixemos contribuír plantando unha nova árbore no xardín de Leiro. A ver se conseguimos que chegue a dar aguacates!




Zapatocas tíñanos preparado o conto coa historia de Wangari.




E despois saímos plantar o aguacate coa axuda da teacher. Moitas grazas!






Ningún comentario:

Publicar un comentario