Hoxe coñecimos un froito novo grazas a Nieves, a avoa de Rodrigo: o chayote ou pataca do aire. Mandounos nunha caixa dúas variedades: verdes e amarelas, cunha nota onde nos explica que é unha planta trepadora que se planta en primavera e dá froitos no outono. Imos buscar un sitio onde poder plantalos agora que vai chegar a primavera. Moitas grazas, Nieves! Sempre atopas a maneira de sorprendernos e ensinarnos algo diferente! Mandámosche un cento de bicos voadores!

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario