Seguimos descubrindo murais de Lidia Cao e contos. Esta vez: Fiando a revolución, un mural realizado en Ordes pola artista dentro do Festival Desordes creativas. Falamos da persoa e dos obxectos que aparecen na pintura: a muller que cose, o fío que escribe palabras, a máquina de coser, a cinta métrica, a agulla, o alfineteiro, as teas... Falamos tamén de avoas e nais que cosen. Contamos a historia de pequeno botón e despois fixemos os nosos deseños para vestir a boneca. Mirade cantos modelos diferentes xurdiron!
Ningún comentario:
Publicar un comentario