O pasado 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía e como non podía ser doutra forma, na proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana quixemos unirnos á iniciativa do Caldo de Gloria. Recitamos o poema Miña casiña, meu lar e vimos o vídeo do cociñeiro Xanqui Ameixeiras, onde prepara o saboroso caldo na Casa de Rosalía en Padrón.
A primeira en mandar o seu caldiño foi Sofía, collendo forzas para ir celebrar o Entroido á tarde coa súa famila. De seguro que o van pasar requetebén! Moitas grazas por participar!
Sofía e o seu Caldo de Gloria |
O Caldo de Gloria de Manu con todos os seus ingredientes saborosos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario