A profe Rebe atopou, nun dos seus paseos, unha botella no río Umia. E como ela coida moito o medio ambiente, cando a recolleu para botala ao lixo...sorpresa! Dentro tiña un pergamino! A Capitana Cortegadilla pedía axuda para atopar a súa tripulación desaparecida e tamén o loro Refunfuñón! Sen eles non ía poder seguir defendendo a Illa de Cortegada contra os piratas Contaminación.
Para prepararnos para aventura, que mellor que un baile pirata. Comeza a travesía!
Co noso parche de pirata, axiña nos puxemos a buscar. Adiviñas, pistas, probas... Todo para conseguir rescatar a tripulación secuestrada!
E conseguimos rescatala! Mesmo o loro Refunfuñón apareceu! A Capitana Cortegadilla mandounos un vídeo de agradecemento e convidounos a visitala na súa Illa de Cortegada o vindeiro martes! Se o tempo o permite, alí estaremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario