Por fin chegou o día! Viaxamos á Illa de Cortegada, onde o bosque cheira a loureiro e a marisco! Embarcamos no porto de Carril e puxemos rumbo á máis grande das illas do Arquipélago de Cortegada. Acompañados da monitora Marina e partindo das ruínas da ermida da Virxe dos Milagres, percorrimos a illa por un itinerario circular visitando a árbore máxica, coñecendo a historia dos seus antigos habitantes e a vila fantasma, descubrindo os animais que a habitan e as árbores que forman parte da súa paisaxe. Sabedes que aquí está o maior bosque de loureiros do sur de Europa? Benvidos á Illa de Cortegada!
![]() |
Preparados para comezar a aventura! |
![]() |
Xa se ve a Illa de Cortegada |
![]() |
Chegamos ao Porto de Carril |
![]() |
Unha estrela de mar! |
![]() |
Poñemos os chalecos para ir seguros |
![]() |
![]() |
Mirade todo o que imos atopar na Illa! |
![]() |
Imos ao barco |
![]() |
Aí chega! |
![]() |
Subimos a bordo |
![]() |
Listos para navegar! |
![]() |
Xa chegamos |
![]() |
A ermida da Virxe das Milagres |
![]() |
Preparados? Comezamos a camiñar! |
![]() |
As outras Illas do Arquipélago de Cortegada |
![]() |
De noite poderíamos observar as constelacións |
![]() |
Repoñemos forzas |
![]() |
Que rico o bocata! |
![]() |
Ñam, ñam |
![]() |
Merenda con vistas |
![]() |
A merendar! |
![]() |
Vacalouras |
![]() |
A árbore máxica |
![]() |
Hotel de insectos |
![]() |
Hora de voltar |
![]() |
Ata a próxima, Illa de Cortegada! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario