O 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Un ano máis quixemos sumarnos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" abrindo os nosos paraugas e escribindo unha frase positiva para darlle apoio e visibilidade ás persoas con discapacidade. Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!
Tamén limos o conto Os meus amigos especiais e coñecimos un neno que é un fenómeno xogando ao baloncesto en cadeira de rodas. A maioría non sabiamos que se podía xogar ao baloncesto en cadeira de rodas e buscamos un vídeo onde vimos varios equipos en acción. Quedamos impresionados coa forza que fan cos brazos para empurrar a cadeira, coas regras do xogo adaptadas á situación dos xogadores, como teñen que amarrar a cadeira ás pernas, as caídas que sofren, a velocidade coa que se desprazan, as canastas que meten...
Baixo o mesmo paraugas construindo un mundo mellor e sobre todo con respecto. |
Los libros, las mentes y los paraguas solo sirven si se abren. |
Baixo o mesmo paraugas por un mundo sen barreiras. |
Abro o meu paraugas para que se refuxie nel todo aquel que o precise. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario