Foi o conto da árbore de Nadal inclusivo que nos tocou ler na biblioteca de Leiro. Un conto que nos fixo reflexionar unha vez máis sobre como as palabras poden facer moito dano.
Un grupo de rapaces búrlanse de Mara continuamente. Rinse do seu cabelo, das súas orellas, da súa roupa, mesmo dos libros que le. Chegan mesmo ao insulto. A nai de Mara, cun agarimo extraordinario dille que ela non é unha orelluda, que as súas orellas son bolboretas que voan arredor da súa cabeza e son quen de tornar bela calquera palabra fea que escoiten. Así é como Mara comeza a darlle a volta ás palabras ferintes do grupo que a acosa continuamente e pouco a pouco consegue xuntar a forza suficiente para aceptarse tal e como é.
Ningún comentario:
Publicar un comentario