Mural da biblioteca feito polos nenos e nenas da aula de Leiro |
Xela Arias tivo un meniño ao que lle puxo de nome Darío. Escribiulle un poemario cheo de palabras fermosas e agarimosas como só unha nai poeta pode facelo. Limos un dos poemas, o que elixiron os Bolechas como fío condutor do libro co que homenaxean a Xela Arias este 2021 polo Día das Letras Galegas. E falamos de bebés: como son, que coidados necesitan, que lles gusta... Temos varios expertos na nosa aula que nos puxeron ao día neste tema!
Ningún comentario:
Publicar un comentario