Outro dos libros traducidos por Xela Arias xunto co seu pai Valentín foi Contos ao Teléfono, de Gianni Rodari. Lendo a primeira páxina enterámonos de que son os contos que un pai que durme toda a semana fóra da casa por mor do seu traballo lle conta á súa filla por teléfono todas as noites ás 9 antes de durmir.
Falamos de que a nós tamén nos gusta escoitar contos antes de durmir. O conto que contamos foi: O sol e a nube. Curtiño mais gustounos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario