Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 11 de outubro de 2020

UN PAPAGAIO EN RIBADUMIA!

 


O mércores ao saír do patio levamos unha sorpresa: un mozo paseaba pola rúa cun papagaio! Achegouse para que o vísemos mellor. Contounos que tiña cinco meses, que era un "guacamayo azul y amarillo" e comía papilla, froita e pienso. 

Buscamos algo máis de información e estivemos vendo este vídeo no que un veterinario nos conta de onde son orixinarios e que coidados necesitan se os tes como mascota.

Seguiremos investigando...



Ningún comentario:

Publicar un comentario