Marta e Carla comezaron a construír unha casa para os caracois no areeiro. Ao pouco foron achegándose os demais a ver que facían e organizáronse para ir engadindo novos elementos. Suxestións, ideas, aportacións diferentes para entre todos facer un proxecto común. Velos falar entre eles, facer propostas, poñerse dacordo, dialogar e sobre todo divertirse convertiu o patio nun momento máxico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario