O 3 de xuño celébrase cada ano o Día Internacional da Bicicleta. Foron moitos os que se uniron a festexar este día felicitando as súas bicicletas, compartindo contos na rede con bicis como protagonistas e mesmo repartíndoos polas rúas empregando este medio de transporte limpo, non contaminante e que nos axuda a facer exercicio e manternos en forma.
Seguro que vós tamén tedes unha bicicleta á que felicitar, non si? A vosa querida bici na que dades paseos, facedes carreiras e disfrutades ao aire libre. Imos facerlle unha homenaxe ás nosas bicicletas mandando unha foto subidos nelas. Se sodes de pedalear en familia, podedes saír todos na foto! Animádevos! E non esquezades o casco!
No vídeo, Doña Eremita sobre ruedas, de Quentin Blake. Edicións Ekaré.
No vídeo, Doña Eremita sobre ruedas, de Quentin Blake. Edicións Ekaré.
![]() |
Bibliotecarias das Bibliotecas de Coruña levando lecturas en bicicleta aos colectivos do barrio o Día Internacional da Bicicleta |
Ningún comentario:
Publicar un comentario