Hai xa un tempo que a familia de Alba nos contou que tiña unha amiga que podía vir á escola a amosarnos como traballaba cos cuencos tibetanos. Chamámola para ver se podía vir antes das vacacións de Nadal e Mercedes veu sen dubidalo. Trouxo os cuencos tibetanos e contounos moitas cousas sobre eles: para que serven, de que material están feitos, a súa procedencia... Tamén nos ensinou como tocalos para que soen e notar as vibracións. Foi unha sesión moi interesante e na que o pasamos moi ben! Desde a Escola de Ribadumia queremos darlles as grazas a Alba e a súa familia por convidarnos a coñecer a Mercedes e a Mercedes polo agarimo co que nos tratou en todo momento. Moitísimas grazas e agardamos repetir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario