Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 6 de decembro de 2017

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO COS BOLECHAS



Onte participamos no encontro do Día Internacional do Voluntariado que se celebrou na Cidade da Cultura de Santiago e no que varios centros escolares de Galicia que formamos parte de proxectos relacionados co voluntariado nos xuntamos para recibir a Guía do Voluntariado dos Bolechas e o Carné de voluntario.
No CRA de Ribadumia ao longo do curso participamos en varias iniciativas solidarias nas que necesitamos a colaboración das familias do noso alumnado e de toda a comunidade educativa:
- Colaboramos coa Fundación Amigos de Galicia como punto de recollida de tapóns ao longo de todo o curso e neste momento somos tamén PUNTO DE RECOLLIDA DE XOGUETES PARA A CAMPAÑA DE NADAL (lembrade que o 18 de decembro é o último día para participar!). 
- Facemos recollida de roupa para unha ONG. 
- Coidamos do noso xardín e da horta escolar.
- Coidamos da nosa biblioteca e dos libros que temos nela como lugar de disfrute da lectura compartida e de procura de información.
- Estamos a desenvolver un proxecto sobre o coidado das mascotas e a responsabilidade de telas.
En todas estas iniciativas e moitas outras que irán xurdindo ao longo do curso participamos e aprendemos a que xa desde pequeniños podemos facer moito co noso voluntariado miúdo.
Nestes enlaces poderedes atopar máis fotos e vídeos da xornada:











Ningún comentario:

Publicar un comentario