Hoxe veu a xoaniña Juanita a visitarnos!! Con ela repasamos as normas para xogar a pensar e comezamos observando a fotografía que nos mandou para despois comezar a sesión.
Esta é a foto que nos enviou Juanita para xogar a pensar. Fonte: internet |
P: Que vemos nesa foto?
Lo: Nenos descalzos
R: Tres nenos e unha moto
B: Tres nenos e o neno máis pequeño montado nunha bici de
madeira
E: Xente mirando onde está el cielo
D: Que están descalzos
A: Que están descalzos os nenos
D: Hai unha corte. Alí, onde está o tellado.
J: Pues ahí, esos que están delante de los niños, ahí hay
algo
P: Que hai?
J: Nenos
P: Só hai nenos, na foto?
Varios: No
V: una moto
P: D, quen está nesta foto?
D: Dana y Víctor
P: Está Víctor aí?
Varios: Nooo
D: Víctor está ahí de ese lado
P sinala. Este de aquí é Víctor?
Varios: Noooo. Non é Víctor
P: D, este de aquí paréceseche a Víctor?
D: no. Esa otra es Dana
P sinala. Esta es Dana?
D: No, la otra, la que tiene azul en la cabeza. Esa es Dana,
el otro es Víctor y la otra es Adri.
P: Le, ti que ves na foto?
Le: Un neno
P: Un só?
Li: No, tres
Le: dous
Li: Hai tres nenos
P: E que fan eses nenos, Lía?
Li: Corren
P: si? Están correndo?
Li: si
P: Todos están correndo?
Li: No
P: Cal está correndo?
Li: Nadie
P: Non dixeches que estaban correndo?
Li: Pero ahora no
P: Agora como están?
Li: Ahora están quietos.
R: Detrás de los niños hay gente
P: E quen será esa xente?
Li: Persoas
R: Y dentro de esa casa están los animales porque veo paja
allí en la izquierda
Y aquí en la derecha está la moto.
P: R ve unha moto. Todos vedes a moto?
Todos: si
R: una rueda. Parece una motocross
P: está completa esa moto?
Varios: no
Li: sí que está completa
R: no, solo está la rueda de atrás
A: Un cacho
P: R di que hai unha xente detrás. Quen é esa xente, Lo?
Lo: Persoas
R: Homes
Li: eu so vexo unha muller (érguese e sinala unha persoa
vestida de branco)
B: eu vexo moitas mulleres (érguese e sinala 4 mulleres)
P: E diante hai algunha muller?
B: sinala a persoa da esquerda
P: parécevos unha nena?
Varios: si
P: por que?
B: porque leva unha saia
R: porque ten un vestido
P: e esta persoa da dereita?
Varios: un neno
P: por que?
D: porque ten a camisa negra
A: yo sé que la que tiene una camiseta blanca es una mujer
Entre todos falan e din que a da esquerda é unha nena,o da
dereita é un neno.
Li: hai unha persoa pequeniña (a do medio)
P: e cal é a maior?
Varios: Esa (a da dereita)
P: que están facendo? Mirádelles as caras
D: son carne
R: Sonrientes
Li: A que ten a saia, esa está chupando os dedos
D: Eu digo contentas
B e outros: e eu!
A: Está chupando dos, dos dedos
Lo: Contentos
R: A da esquerda está ríndose. A de abaixo está mirando para
o ceo
B: Non ten dentes
Lo: Solo ten un
P: E por que non ten dentes? Vós tedes dentes?
B: si, eu teño moitos
R: cuando somos pequeños aún no tengo dientes y cuando vamos
creciendo ya tenemos unos pocos dientes.
P: Cantos anos pensades que teñen eses meniños?
D: 3
P vai sinalando de dereita a esquerda as 3 persoas que saen
na foto e pregunta que idade terá cada unha
D: 4, 0, 2
P: por que o do medio ten cero?
D: porque é moi pequeño
Lo: ten un ano porque solo lle vexo un dente
B: o máis grande ten 6 e o outro 5
D: non, cinco non
B: si, ten cinco ou catro
D: ou cinco ou catro ou tres ou cinco
P: para onde estaban mirando, entón?
B: para o ceo
P: E que haberá no ceo para que lles de así a risa?
D: unha estrella. Nubes e sol.
R: puede que sea un globo
P: e por que lles dá tanto a risa? Vós se mirasedes o ceo,
que podería haber que vos dese risa?
Un avión
Un helicóptero
Unha avioneta
Unha policía
B: Profe, se te ris da policía ou da garda civil, te multan
A: aviones de bomberos
P: Todo o mundo está dacordo en que están mirando para o
ceo?
Todos: si
P: Agora ímoslles mirar os pés.
E: Están descalzos
B: Son pobres
P: Mirade os vosos pés: como están?
A: calzos
Varios: descalzos
P: e por que estarán descalzos?
D: porque non teñen roupa
R: Igual están sucios los pies
B: porque son pobres
J: porque los zapatos están sucios y no los pueden poner
Lo: no, porque ao mellor non teñen zapatos na casa.
P: e vós tedes zapatos na casa?
Todos: eu si
R: profe, parece que este es el padre (sinalando un adulto
que se ve detrás)
P: e o pai ten zapatos?
Varios: si
Li: e esa é a nai (sinalando un adulto que se ve detrás)
P: imos mirar os pés da xente que está detrás
B: calzados
P: e os pés dos meniños? Algún ten zapatos?
Varios: non
P: imos ver cantos pés descalzos aparecen aí
Entre todos: 1,2,3,4,5...e 6
P: fáltanos un pé. Ao mellor está tapado.
R: si, el del meniño.
B: o da meniña.
P: o meniño que vós dicides que é o pequeno, onde está
subido?
R: nunha bici ou nunha moto
Lo: nunha bici de madeira e está quieta
A: unha bici de madeira
P: de onde saería esta bici?
D: construíndoa
P: quen fixo esta bici?
D: os albañiles
R: o puede ser que la haga Papá Noel
D: ou o Apalpador ou o Rei
Li: o home do saco
B: seguro que fixeron con algo de metal e con un martillo
fixeron así a forma da bici
P: e que vos parece? Está ben feita?
Varios: si
P: e sería difícil ou fácil facela?
B: dificilísimo
Lo: o de colocar as rodas é dificilísimo
P: agora imos mirar a roupa? Que vos parece?
B: Está moi sucia
R: a do meniño está sucia
Lo: e tamén a do maior. O maior…tiráronse no chan
R: xogando
P: vós poñédesvos sucios tamén cando xogades?
Varios: no
R: no, en la arena, no
P: entonces eles por que estarán tan sucios?
R: porque se tiraron
P: e cando vos ensuciades, que facedes coa roupa sucia?
Varios: lavala
P: onde?
Varios: na lavadora
P: e estes meniños terán lavadora?
Varios: non
B: si son pobres non poden comprar unha lavadora se non
teñen diñeiro.
P: por que sabes ti que son pobres?
B: porque seguro que lle dan roupa.
P: ti como sabes se a roupa que levan lla deron ou a
mercaron nunha tenda?
Li: yo compro ropa en una tienda
Varios: compraron nunha tenda
P: e se compraron roupa nunha tenda, por que non compraron
zapatos?
D: porque ao mellor non teñen armario
R: o si no, pueden ponerlos al lado de la cama
D: ou ordenalos
P: vós pensades que estes meniños irán ao cole?
Varios: non
R: no, porque ahora es domingo, parece. O sábado o domingo,
que no hay cole
P: pero eles teñen un cole ao que van?
Lo: si pero a esa hora non poden ir porque están sucios
B: porque se rin deles
R: madre mía! O meniño do medio está manchado por toda la
ropa.
Lo: o meniño azul está limpio
D: o grande e o azul están limpios
P: cal é o que está máis sucio?
Varios: o pequeno.
P: E como pensades vós que será a escola destes meniños? Que
farán na escola?
D: pintar, números, xogar, sentarse, facer un puzzle…
R: ir al baño
E: lavar as mans
D: facer o calendario, merendar
P: e a casa que aparece detrás será a escola?
D: non pode
Lo: non porque ten rejas porque aí viven os animales
D: si, vacas ou pochos
Lo: porcos
R: pochos no son animales
D: que si, meu tío ten un
B: pochos son vacas pequenas!
D: non, que o meu aínda é grande
P: Juanita pregúntanos como podemos axudar a eses meniños
para que non teñan a roupa sucia
B: dándolle diñeiro para comprar zapatos, unha lavadora…
D: armario
V: motos
B: roupa limpia
D: unha cama
P: E se onde viven non hai tendas, se nós lles damos cartos,
que fan con eles?
D: gastalos
Li: nas tendas
P: pero nesa aldea non hai tendas
R: pois van a outro sitio
P: nesa moto? Así descalzos?
Lo: non. Vístense na casa e van ao aeropuerto e súbense nun
avión e van para outro sitio que non fora aí onde haxa tendas, parques
D: roupa
B: zapatos
D: ducha
V: motos
B: a un hotel
Le: otro día yo voy a un hotel y hay tele
Li: en el mío no había
P: estes meniños terán tele?
Varios: Non
Verán debuxos?
Varios: Si
Coñecerán a Bob Esponja?
Varios: Non
A: si son pobres no
Lo: si non teñen tele non poden ver os debuxos
Xa levamos un bo rato falando sobre a foto que nos mandou
Juanita para xogar a pensar. Agora toca avaliar a sesión e despedirnos ata
outra ocasión. Grazas pola visita, Juanita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario