Xa podedes consultar a programación infantil e familiar do Culturgal 2017, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 1, 2 e 3 de decembro
Desde a súa primeira edición, Culturgal Feira das Industrias Culturais é unha cita especial para nenas e nenos. A rapazada é público protagonista na Feira, asistindo a estreas e gozando das novidades. O programa de Culturgal 10º aniversario reserva grandes sorpresas: moita música, teatro, danza, libros e ciencia. E Portugal como cultura convidada!
A entrada a Culturgal para menores de 12 anos ten un prezo de 1 euro, a cambio recibirás unha pulseira que che permite o acceso por un día. Se queres acceder á Feira máis dun día, a pulseira “total” ten un prezo de 2 euros. Menores de 3 anos teñen entrada libre. Nenas, nenos, familias: benvidos a Culturgal 10º aniversario no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Consulta o Folleto_Infantil2017. Ten en conta que o programa pode sufrir variacións por imprevistos. Consulta sempre a última hora en http://culturgal.com/ Lembra que os espazos da Feira teñen capacidade limitada.
Venres 1 decembro
11:00. Visitas teatralizadas á Feira con Barafunda Animación. Actividade concertada con centros escolares. VARIOS ESPAZOS
11:00. Os cabaliños de mar: Unha familia moi singular. Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC. ESPAZO INFANTIL DELEITE
12:30. Programas pedagóxicos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAI-Filmoteca de Galicia). Agadic. Con Jacobo Sutil, director da Agadic, Mónica García Iglesias, responsable de Didáctica do CGAI, demostracións e testemuños de centros educativos participantes. De 9 a 14 anos.ESPAZO LIBRO
18:00. A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Galaxia. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:30. O branco non pinta! Apiario. Contacontos ilustrados, unha aproximación dende a literatura infantil ao branco como posibilidade de resposta infinita ás grandes preguntas da infancia. Antía Otero, autora, contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo ao mesmo tempo. ESPAZO INFANTIL DELEITE
20:15. Presentación da obra gañadora do concurso Balbino de relatos. Edicións Fervenza. De que falarán as árbores de Ricardo Cid Paz. ESPAZO LIBRO
Sábado 2 decembro
11:00. Ciencia á Feira con Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia co apoio do Instituto de Investigacións Mariñas IIM -CSIC eDivulgACCIÓN. ESPAZO INFANTIL DELEITE
11:30. O Conto das três nozes que eram romãs, que eram maçãs, que eram… Camões, I.P. / Centro Cultural Português em Vigo. O conto das três nozes que eram romãs que eram maçãs que eram… é o segundo espectáculo do grupo de teatro amador en portugués Eu.Experimento. Pensada para toda a familia, a peza inspírase nun conto da tradición oral. ESPAZO CARPA
11:30. A Musicleta e Os Instrumentos Máxicos. Con Pulpiño Viascón e o Sr Líli. Pulpiño ten moitos instrumentos, como o famoso serrucho máxico, un acordeón electrónico e unha gameboy. O Sr Líli ten unha musicleta! Unha bicicleta totalmente adaptada para un pasarrúas con amplificación propia. Un espectáculo para tódalas idades que percorre a Feira. ITINERANTE
11:45 Papagaio, un xornal para xente miúda. Con Abraham Carreiro. ESPAZO FORO
12:00. Presentación 19º Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Concello de Pontevedra. Unha cita de referencia con nova edición en abril de 2018, co lema “Mulleres de conto” e con México como país convidado. ESPAZO LIBRO
12:30. Presentación das novas obras ilustradas dos libros de María Victoria Moreno. Urco Editora. Con Andrea Jamardo Seijo, editora, Xavier Senín, asesor editorial, e as ilustradoras María Montes e Lara Torres. ESPAZO LIBRO
12:30. Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
13:30. Concerto PunkInfantil. Charlatana S. Coop. Galega. Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas xuntan talentos para ofrecer un novo espectáculo de clown, circo e música. Dous músicos chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk. Quén actuará? ESPAZO INFANTIL
16:30. María Fumaça. 5º aniversario. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO CARPA
17:00. Contacontos ilustrado Serie GLIZ con Anxo Fariña. Xerais. Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama… e viven moitísimas aventuras. Gliz é unha colección concibida para iniciar os picariños e picariñas no contacto cos libros e cos contos dende o momento en que comezan a falar. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:00. Teatro e Marionetas de Mandrágora. Bzzzoira Moira. A partir de 6 anos. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:00. O raposo Rufo. Edicións Embora. Presentación da colección. O raposo Rufo é unha nova colección para prelectores e primeiros lectores que protagoniza un simpático animal e os seus amigos da fraga. Rufo e os seus amigos amósannos por que debemos coidar o medio ambiente e como facelo. Aprenderemos como reciclar, a súa importancia, e os resultados desa labor dun xeito ameno e divertido. Con Dani Vieitez, autor, e Iria Iglesias, ilustradora. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:45 Gombó. Edicións Fervenza. Dramatización do conto “Gombó e o medo á escuridade” , da colección Gombó. O elefante Gombó terá que ser valente para superar diversas aventuras e enfrentarse así ao seu temor a escuridade, ao descoñecido. Con Ánxela Gracián, autora, Christian Villamide, ilustrador, e Armando Requeixo, escritor e crítico. ESPAZO INFANTIL DELEITE
20:30. Globotolo. Barafunda Animación. Un espectaculo baseado no arte de darlle forma o aire con globos. ESPAZO INFANTIL DELEITE
Domingo 3 decembro
11:15. A viaxe da palabra que non era valente. 10d10. Silvia Penide, voz, e César De Centi, voz e guitarra, únense para presentar un espectáculo no que os cativos e cativas aprecien o valiosa que é a linguaxe e as palabras. A través dun conto que entrelaza cancións de autores e autoras moi coñecidos conformarán unha historia coa finalidade de salientar a importancia do diálogo na educación emocional. ESPAZO INFANTIL
11:30. Ponteciencia. Concello de Pontevedra.ESPAZO FORO
11.30. Obradoiro de arquitectura. CGAC. Entre 6 e 11 anos. 15 prazas. Inscrición previa. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
12:00. Eu cociño, ti cociñas? O novo album de Mama Cabra. Galaxia. Sonárbore. AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA . Espectáculo de pago.
12:00. O cinematomago. O mago Paco achegará a maxia do cine nun espectáculo que precisa a colaboración imprescindible do público. Poderemos ver diferentes escenas clásicas do cinema de todos os tempos a través da maxia. Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión. 3,2,1… Maxia, e acción! ESPAZO INFANTIL DELEITE
12:45. Nadal no Gaiás e Pequefilmes. Fundación Cidade da Cultura. Presentación e obradoiro arredor desta
programación e proxección de curtametraxes infantís. Presentarase, así mesmo, o Club Gaiás con descontos na compra de entradas. ESPAZO INFANTIL
programación e proxección de curtametraxes infantís. Presentarase, así mesmo, o Club Gaiás con descontos na compra de entradas. ESPAZO INFANTIL
15:00. Efervesciencia. Emisión en directo do programa da Radio Galega. ESPAZO FORO
16:30.Pitusa Semifusa e os Estilos Musicais. Galaxia. Sonárbore. Presentación de disco. Olga Brañas (piano), Andrea Picos (voz e animación), Marta Bravo (voz), Brais Morán (voz, guitarra), Pablo Vidal (baixo e contrabaixo) e Carliños Freire (batería) explicarán os diferentes estilos musicais, cun espectáculo divertido e participativo. ESPAZO CARPA
17:00. Mulleres bravas. Urco Editora. Presentación de novos títulos con Andrea Jamardo Seijo, directora da colección, María Reimóndez, autora de Pepa a Loba, Ledicia Costas, autora de Xulia Minguillón e Eva Agra, ilustradora. ESPAZO LIBRO
17:00. Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro. Un orixinal espectáculo para todas as idades que consiste na instalación dun vistoso teatrillo. Colorido cabaret de ritmo desenfadado e alegre música para falar dos contos de toda a vida. Un espectáculo de ritmo frenético, moita interacción, sorpresas, cancións e coreografías. ESPAZO INFANTIL DELEITE
17:00. Scriptorium. Secretaría Xeral de Cultura. Obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas para descubrir as técnicas e materias empregados na copia de manuscritos na Idade Media. ESPAZO ARTE CONTEMPORÁNEA
17:30. Argonat Band. Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrio e batería facendo versións dos clásicos. Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande cunha posta en escena de estética R&R buscando a complicidade do público que recoñece as cancións de Led Zeppelin, AC/DC, Mago de Oz, Bonnie M, Os Resentidos, Siniestro Total ou Andrés do Barro. ESPAZO CARPA
18:00. Papi e mami. Fantasía coas palabras. Galaxia. Sonárbore. ESPAZO INFANTIL DELEITE
18:15. Interrogamos aos videoxogos en familia. Nova Escola Galega. Actividade dirixida e dinamizada pola pedagoga Silvia López Gómez. ESPAZO FORO
19:00. Radio BULEBULE. Kalandraka Editora. Pequeno recital a cargo do músico Paco Nogueiras presentando unha escolma das cancións e dos videoclips que conforman o libro-CD-DVD coas intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto. ESPAZO INFANTIL DELEITE
19:15. O Garaxe Hermético. Presentación da Escola de Banda Deseñada e do traballo feito por alumnas/os: “O picoto do pai”. Con Kiko da Silva, Fernando Llor e alumnado. ESPAZO FORO
Ningún comentario:
Publicar un comentario