Hoxe tivemos un día de xuntanza en Leiro para facer dous obradoiros nos que o pasamos fenomenal e co que aprendimos moito.
A primeira parte da mañán fixemos unha postal de Nadal coa axuda de Noe, a mamá de Hugo, e da súa compañeira Pris. Coloreamos coas ceras, entintamos con esponxas, pegamos algodón para facer a neve e empregamos unhas máquinas especiais para troquelar as cartolinas e facerlles relieves con motivos navideños. Quedounos preciosa! Moitas grazas Noe e Pris polo voso tempo e por enseñarnos a facer cousas tan bonitas!
Logo merendamos, xogamos no patio e rematamos a xornada aprendendo a separar os residuos nun obradoiro medioambiental.
Ningún comentario:
Publicar un comentario