Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 13 de decembro de 2016

OBRADOIROS DOS SENTIDOS: O OÍDO

Hoxe fixemos o último dos obradoiros adicados aos sentidos na biblioteca e faltábanos o oído. Vimos uns vídeos que falaban do oído e os seus coidados e despois xogamos a adiviñar os sons que saían dunha máquina moi divertida. Seguimos clasificando maracas en función do son que facían (podían ter dentro arroz ou garavanzos) e gañaron as maracas de arroz por 10 a 6. Acabamos o obradoiro tocando a batería cos nosos dediños a modo de baquetas.









Ningún comentario:

Publicar un comentario