Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 24 de maio de 2016

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL: APRENDEMOS A DESPRAZARNOS DE FORMA SEGURA

Hoxe no Pavillón de Sisán pasamos unha mañán moi divertida na que aprendimos unha chea de cousiñas sobre seguridade vial e mobilidade sostible e segura. Chegamos montados nos nosos vehículos: bicis, patinetes, correpasillos... e o casco (moi importante!) na cabeza. O primeiro que atopamos foi o súpercircuito que Paco, o pai de Rodrigo Torres, montara o día anterior. Canto traballiño pasou! (Paco, moitas grazas pola túa colaboración, polo teu traballo, o teu tempo e sobre todo polo agarimo con que o fas).

Un dos grupos comezou no circuito, aprendendo a circular seguro ben como condutor ou ben como peón. Outro grupo leu contos relacionados coa educación vial e coñeceu de primeira man un coche patrulla e unha moto da Garda Civil de Tráfico (Moitas grazas pola vosa colaboración! Quedamos impresionados coas luces, as sirenas e os walkie- talkies!) E o terceiro grupo estaría con Elena, da DGT, nunha interesante charla relacionada coa seguridade vial: uso do cinto e da cadeira, pasos de peóns, semáforos, chalecos reflectantes..., todo axudado de soporte visual e debuxos animados (Moitas grazas pola túa colaboración, Elena!)

A media mañán tocou repoñer forzas coa merenda (Moitas grazas á ANPA pola vosa colaboración!) e despois rematamos cun obradoiro de cociña e a emisión dun carné de condutor e condutora para cada un dos participantes nesta xornada.

Mirade a noticia na prensa:

Diario de Arousa

E se picades aquí podedes vela na Voz de Galicia

La Voz de Galicia dixital


Aquí vos deixamos as fotos!












Ningún comentario:

Publicar un comentario