Ao longo deste mes fomos traendo ao cole unha chea de caixas de diferentes conservas de peixe. Observámolas e vimos que había moita variedade: atún, sardiñas, zamburiñas, mexillóns, agullas, polbo, xarda... E que podían estar en aceite vexetal, en aceite de oliva, en escabeche, en salsa de vieira...
Con todos estes datos na cabeciña, hoxe atrevímonos a deseñar a nosa propia lata de conserva, envasada con data de hoxe aproveitando un material que atopamos na rede dunha Campaña para a valorización de produtos pesqueiros e acuícolas. Logo de visitar a conserveira e durante todo o curso falar da importancia dunha dieta equilibrada e variada, fixémolo tan ben que Os Arroases estarían encantados con nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario