Hoxe traballamos dúas noticias de Canarias que apareceron ao longo deste trimestre no que Zapatocas anda por este arquipélago. Unha delas fala da gran nevada que cubriu o Teide de neve a finais do mes de febreiro. Podedes lela picando aquí. Tamén vimos estes dous vídeos: no primeiro pódese ver o Teide nevado desde o ceo e no segundo como houbo que cortar as estradas pola cantidade de neve caída e como as máquinas quitaneve traballan.
A lapa-Teide no medio da borrasca de neve... |
A outra noticia, que podedes lela aquí, fala de que a fantasía Arena blanca del desierto, que gañou o Festival de Carnaval de Santa Cruz expuxérona durante varias semanas no aeroporto do Norte de Tenerife para que todos os viaxeiros puidesen admirala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario