Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 8 de maio de 2015

"POSAVASOS" DE ALEMANIA

Lembrades a nota que dicía que Félix estaba en Berlín e que se alguén tiña na casa algo relacionado con Alemania e/ou Berlín podía traelo á escola? Pois hoxe Nerea trouxo unha chea de "posavasos" que nos deron moito xogo. Vimos que tiñan forma de círculo e que por un lado tiñan o mesmo debuxo (Hugo dixo que parecían moedas) e polo outro debuxos de flores e de paxaros cos nomes en alemán. Contamos cantos había de flores e cantos de paxaros, miramos que grupo era o que tiña máis e cal menos. Despois xuntamos os repetidos e miramos cales eran os máis repetidos e cales eran únicos. E rematamos xogando a buscar parellas, tendo que estar moi atentos para lembrar onde estaban agachadas. Mirade cantas actividades a partir duns cantos "posavasos"! Moitas grazas a Nerea e a súa familia por traelos! Gustáronnnos moito!


Ningún comentario:

Publicar un comentario